Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Cognición social en humanos

  • Autores: Christopher D. Frith, Uta Frith
  • Localización: Maremagnum: publicación galega sobre os trastornos do espectro autista, ISSN 1698-5966, Nº. 12, 2008 (Ejemplar dedicado a: Persoas con autismo : un mundo de posibilidades), págs. 15-36
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Presentamos unha revisión de diversos estudos de interacción humana e resaltamos a importancia dos sinais sociais. Tamén debatemos os achados recentes da neurociencia social cognitiva que exploran a base cerebral para a capacidade de procesar sinais sociais. Estes sinais permítennos aprender dos demais cousas sobre o mundo, aprender sobre outras persoas e crear un mundo social compartido. Os sinais sociais poden procesarse de forma automática por parte do/a receptor/a e poden ser emitidas de forma inconsciente polo/a emisor/a.

      Estes sinais son non verbais e son responsables da aprendizaxe social no primeiro ano de vida. Os sinais sociais tamén se poden procesar de forma consciente, o que permite a modulación e superación do procesamento automático.

      Existen probas abundantes deste procesamento social de alto nivel a partir dos 18 meses en humanos, mentres que hai probas escasas ao respecto para animais non humanos. Suxerimos que esta sinalización social require unha consciencia reflexiva sobre unha ou un mesmo e unha consciencia sobre o efecto dos sinais nos demais. De forma semellante, a recepción apropiada de tales sinais depende da habilidade de asumir o punto de vista doutra persoa. Esta habilidade é crítica para a xestión da reputación, dado que esta depende do seguimento de como perciben os demais as nosas accións. A nosa suposición é que o desenvolvemento destes sistemas de sinais sociais de alto nivel acompaña o desenvolvemento da consciencia.

      15


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno