María Xosé Vázquez Ramos, Amparo Vázquez Ramos
O centro de educación ambiental Equal Soc. Coop. Galega está situado na localidade de A Barra, no concello de Coles, provincia de Ourense. O centro é un equipamento fixo con capacidade para 48 persoas en réxime de pensión completa. O espazo interior conta con dormitorios compartidos, comedor e aula multiusos, ademais dos aseos e a recepción. O espazo exterior está formado basicamente por unha hectárea de bosque de carballos e pradería, espazos que na primavera e o verán acollen a meirande parte das actividades dos nenos e nenas que asisten a xornadas de educación ambiental, a actividades de lecer e a campamentos.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados