Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Unha maneira de sacarlle o proveito aos montes: (CMVMC Santo Estevo de Parga)

  • Autores: David Díaz Losada
  • Localización: Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, ISSN 1136-2677, Nº. 60, 2009, pág. 37
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • Traio aquí un exemplo de como sacarlle o máximo proveito aos nosos montes, establecendo un plan racional de aproveitamento e traballo programado para os mesmos. A parroquia de Santo Estevo de Parga, concello de Guitiriz, atópase situada na parte norte da provincia de Lugo, bañada na meirande parte polo río Parga, por certo, moi rico en troitas. Ten unha poboación aproximada de 800 habitantes e unhas 200 casas que forman a comunidade á que lle dá o nome a parroquia, cos seus oito pobos máis a vila de Parga.

      A parroquia de Santo Estevo ten unha extensión de aproximadamente 1.000 hectáreas de monte veciñal man común, das que 375 foron clasificadas polo Xurado Provincial de Lugo con data 25 de agosto de 1975. As restantes, atópanse repartidas entre comuneiros e comuneiras desde hai 80 anos, sen criterio de proporcionalidade. Así que, para centrarmonos no tema que nos ocupa imos falar só do monte legalmente clasificado, no que existen varias canteiras de granito desde 1979.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno