Dentro do programa do V Seminario sobre Educación, Comunicación e Participación fronte ao Cambio Climático, celebrado no CENEAM en abril de 2009, fixen unha breve presentación denominada "Cotas domésticas de carbono" que, como era de agardar, suscitou un vivo debate. Neste artigo, á parte de esbozar os trazos xerais da idea, trato de contextualizala e achegar algunha reflexión persoal tanto sobre os aspectos que me parecen interesantes como respecto daqueles máis discutibles. Confío en que isto resulte útil para alimentar a discusión e abordar unha valoración máis axustada da iniciativa.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados