Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O proxecto de ADEGA para o voluntariado forestal galego

  • Autores: Branca Villares
  • Localización: Adega cadernos, ISSN 1137-0262, Nº. 19, 2007 (Ejemplar dedicado a: Incendios forestais: causas e solucións), págs. 59-62
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • A vaga de lumes do verán do 2006 sufrida por Galicia, ten múltiples efectos asociados, e tamén múltiples causalidades. Á marxe dos atentados incendiarios, as principais causas están ligadas ao descenso da poboación no medio rural, pero tamén a modelos de xestión forestal insostíbeis. Con cada lume que non atallamos perdemos o propio valor forestal dos montes,o valor socioeconómico e histórico, o valor ecolóxico, a biodiversidade, perdemos o prezado solo, etc... pero tamén contribuímos á contaminación dos ríos,contaminación dos encoros e perda dos bancos marisqueiros. Todo isto tradúcese en cuantiosas perdas económicas para os sectores implicados, tanto en capacidade produtiva, como en medios paliativos. Nos días en que Galiza ardía polos catro costados, houbo unha cobertura mediática sen precedentes, o que sen dúbida contribuíu en grande parte á resposta social xerada. A cidadanía demandou cambios efectivos na política forestal para frear definitivamente o problema do lume en Galiza, pero tamén demandou espazos de participación social, dende os cales poder contribuír a mudar a situación. Neste contexto naceu o Voluntariado en Defensa do Monte Galego (VDMG).


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno