Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Efectos dos incendios forestais sobre solos, augas, fauna e flora

Francisco Díaz-Fierros Viqueira

  • As afeccións dos incendios forestais sobre o medio pódense clasificar tendo en conta, en primeiro lugar, os elementos que se poden ver implicados nelas: aire, auga, flora e fauna e solo. Pero tamén se pode considerar, complementariamente a duración do seu efecto: afeccións curtas, se estas son inferiores ao ano, como poden ser os efectos erosivos sobre o solo, e longas, se teñen carácter plurianual, como son os efectos sobre a evolución das comunidades vexetais. E, así mesmo, pódense clasificar en relación ao espazo xeográfico que se ve afectado, en locais, zonais e rexionais (Díaz-Fierros, 1997)En segundo lugar, en cada un deste tipo de afeccións teranse en conta os elementos sobre os que teñen lugar. Así as afeccións que se producen no sitio son fundamentalmente as que afectan ao solo, á vexetación e á fauna, mentres que as afeccións alén do sitio son aquelas que inciden no aire e nas augas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus