Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Valores e funcións ecolóxicas do monte

  • Autores: Adolfo Cordero Rivera
  • Localización: Adega cadernos, ISSN 1137-0262, Nº. 19, 2007 (Ejemplar dedicado a: Incendios forestais: causas e solucións), págs. 9-16
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Por que temos que preocuparnos pola perda de biodiversidade? Esta pregunta ten múltiples respostas. Podemos pensar na utilidade directa da biodiversidade para a humanidade. Dende este punto de vista valoramos os organismo en relación ao seu prezo nos mercados. Se desaparecesen os percebes, considerados un manxar por moitos, perderíamos máis que se se extinguisen todas as especies de anfípodos das praias (as �pulgas�), que aínda que son do mesmo grupo zoolóxico (crustáceos) non son considerados comestíbeis, e polo tanto non se venden nos mercados. Esta resposta podería ser suficiente para moita xente. Pero é unha resposta que se xustifica pola ignorancia do funcionamento dos ecosistemas. O monte é un ecosistema complexo, que de maneira indirecta proporciona moitos beneficios funcionais, e serve ademais para actividades humanas culturais-recreativas, científicas, e mesmo espirituais.O feito de considerar o monte como un ecosistema, e as consecuencias que disto se derivan, como a función dos diferentes organismos, os retardos temporais nas relacións causa-efecto, e a complexidade das redes tróficas, implican necesariamente que a valoración das funcións do monte debe facerse dende puntos de vista non utilitarios.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno