O coñecemento de que en España existen casos positivos de encefalopatía esponxiforme bovina, ten confirmado as expectativas previstas de que dita enfermidade remataría espallándose por toda Europa e por tanto espertando unha grande inquedanza tanto en sectores profesionais como na sociedade en xeral.Esta crise haberá que asumila e tentar paliala coas correspondentes axudas e programas de recuperación da actividade, unha vez acoutado e controlado o problema, mais non se debe deixar influír os aspectos simplemente económicos nas decisións técnicas que permitan incrementar a seguridade alimentaria dos consumidores, que está a ser o punto clave cara ao que miran os acordos sobre este tema da Unión Europea.Na revisión sobre a EEB e outras encefalopatías transmisíbeis recollida neste artigo, trátase de poñer o día os coñecementos existentes sobre a enfermidade e as súas causas, así como revisalas conclusións obtidas no Reino Unido logo de catorce anos de experiencia sobre o tema.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados