Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Por un plan enerxético galego sustentábel

Manuel Soto

  • Para os grupos ecoloxistas galegos o eido da enerxía ten sido un foco de atención permanente, polo grave impacto derivado das infraestruturas enerxéticas ou polas emisións contaminantes e mesmo polo intento de instalar unha central nuclear. Fronte a estas enerxías suxas, non renovábeis e perigosas, vimos defendendo desde sempre a promoción das fontes alternativas, que deben ser renovábeis e de baixo impacto ambiental, así como a racionalización do consumo e o aforro enerxético.Temos que ser conscientes por tanto das múltiples implicacións do problema enerxético, e da complexidade da elaboración dunha proposta enerxética razoábel, que teña como obxectivo a minimización do seu impacto ambiental.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus