ADEGA e o CEIDA (Centro de Extensión ee Divulgación ambiental de Galicia) conseguiron reunir o 8 de novembro no Castelo de Sanata Cruz de Oleiros a máis dun cento de persoas interesadas en coñecer e debater sobre o futuro do lobo en Galiza e sobre o Plano de Xestión que vai impulsar a Xunta proximamente, aínda que se botou en falla a presenza dos responsábeis políticos na materia, que delegaron no persoal técnico. Neste encontro coñecéronse as experiencias doutros plans de xestión do contorno galego, como o de Portugal ou o de Asturias.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados