Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Programa 21 e educación ambiental: raíces da Axenda 21 Escolar

José Manuel Gutiérrez Bastida

  • O programa ou Axenda 21 nace no Cumio da Terra (1992) como un plano que marca as directrices para as políticas e estratexias que se levan a cabo no século XXI encamiñadas cara un desenvolvemento sostible. Dous anos máis tarde moitas cidades europeas subscriben a Carta de Aalborg para desenvolver a denominada Axenda 21 Local.

    Paralelamente, a educación ambiental - nacida a mediados de século pasado - atópase nun momento complexo, coa propia aparición do termo desenvolvemento sustentable e certo pesimismo sobre os resultados concretos da súa traxectoria.

    No ámbito da educación formal, a sinerxía producida polo desenvolvemento da Axenda 21 Local unido ao interese da escola tanto por mellorar a calidade ambiental e educativa dos centros escolares coma por intervir e participar no ámbito próximo (barrio, distrito, municipio, ...) xera a Axenda 21 Escolar. Este programa estase a desenvolver ao longo do planeta seguindo diferentes modelos e cun substrato común: traballar por e para o centro escolar e o municipio. Ten unhas grandes potencialidades que o converten nunha alternativa válida para afrontarmos os retos da educación do século XXI e da nova educación ambiental.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus