Neste traballo realízase unha reflexión dos 15 anos de aplicación da RISGA, recordando os orixes que deron lugar á implantación deste tipo de medidas, en Europa e en Galicia, para, a continuación, sinalar a necesidade de realizar unha avaliación da mesma, á vez que mostra a insuficiencia dos datos de que se dispón e a oportunidade de contar cunha análise das dinámicas de exclusión e os procesos que conducen a ela. A escaseza de indicadores, os estudos existentes limitados ao coñecemento da distribución da renda, pon en evidencia a urxencia de contar, para a programación de accións preventivas, con estudos lonxitudinais e o uso de técnicas cualitativas que permitan unha intervención sobre a pobreza e a exclusión na nosa comunidade con coñecementos máis profundos e actuais sobre esta realidade social.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados