Nos ultimos anos temos asistido a unha incontrolada proliferación no medio rural e urbano dunha serie de infraestructuras de estacións base GSM, DCS, LMDS,UMTS, dipolos repetidores, antenas de alta ganancia, picocélulas e microantenas, radioenlaces, etc. ou os novos sistemas Wi-Fi. Isto ten provocado un aumento da contaminación electromagnética que non acada unha rápida resposta por parte das administracións encargadas de garantir a saúde ambiental e cidadá fronte aos posíbeis efectos destas radiacións. O poder económico das operadoras de telecomunicacións e o peso do loby das microondas ten provocado que a política dos feitos consumados e da permisividade rexan o proceder dos gobernos á hora de controlar o desenvolvemento destas tecnoloxías.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados