Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Análise co cumplimento do consello antitabaco nun centro de saúde

  • Autores: José Antonio Fernández Camiñas, Andrea Gallego Valdeiglesia, A. J. Machín Fernández
  • Localización: Cadernos de atención primaria, ISSN-e 1134-3583, Vol. 15, Nº. 1, 2008, págs. 18-22
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • O tabaquismo é unha enfermidade aditiva crónica englobada no grupo das adiccións (DSM.-IV ou CIE -10)1 cunha elevada prevalencia e unha incidencia no noso país dun 31%. Presenta unha elevada morbi-mortalidade para a poboación. Pona de manifesto a cifra de 4,9 millóns de persoas, segundo estimación da OMS.

      Polas características da Atención Primaria da Saúde (accesibilidade e lonxitudinalidade), é este un ámbito axeitado para o diagnóstico e tratamento do paciente fumador, así como para a prevención, sendo diversas as intervencións posíbeis desde estas consultas, entre a que destaca o Consello Sanitario, como primeiro paso da intervención por parte dos profesionais de APS nesta patoloxía.

      Obxectivos: Determinar o grao e actualización do rexistro de tabaquismo en canto a diagnóstico, consello e seguimento dos fumadores nun centro de saúde.

      Deseño: Estudo transversal.

      Participantes: Analizáronse 438 historias seleccionadas por mostraxe sistemática do total de historias clínicas do centro (5698).

      Medicións principais: Presenza de hábito tabáquico, de aplicación do consello antitabáquico así como a súa actualización, resultados da implementación do consello e problemas de saúde asociados ao tabaquismo.

      Resultados: Do 28,99% (n=127) das historias estudadas, observouse que o 71,7% (n=91) corresponden a fumadores e o 28,3% (n=36) a ex-fumadores. O 17,58% (n=77) non presenta rexistro do consumo de tabaco.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno