Existen especies de morcegos que aparecen nas listas de especies ameazadas ou extintas; non sempre os protocolos para determinar o estatus son operativos. A investigación e establecemento de indicadores, así como a xestión das especies son instrumentos chave para a conservación das mesmas. Mais a investigación e a xestión precisan da educación e da comunicación ambiental para facer reais os Plans de conservación, por ser o instrumento idóneo para traballar coa poboación, imprescindible aliado.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados