Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Xestión de especies no Parque das Illas Atlánticas de Galicia: instrumentos sociais na conservación

Jorge Bonache López

  • A conservación dos hábitats e especies do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, que constitue o principal obxectivo da súa declaración, así como da doutros espazos naturais, debe ir ligada á concienciación ambiental dos visitantes e dos habitantes do ámbito, para crearmos deste modo na sociedade unha conciencia favorable á conservación e ao repecto da natureza.

    Despois de realizar unha introducción do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e dos valores naturais que motivaron a súa declaración, e de explicar brevemente os principais proxectos de xestión e conservación que se realizan no parque, o presente artigo intenta argumentar por que é importante ter en conta os aspectos sociais e educativos na conservación dos espazos e as especies, usando como exemplo e explicando as distintas actuacións que se realizan nas illas atlánticas de Galicia en relación coa información ao visitante, a divulgación ambiental, a educación ambiental e mais a participación dos cidadáns na xestión e a conservación.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus