A recorencia do dobre na narrativa de Manuel Rivas, que convida a interrogacións, responde primeiro á imperiosa necesidade no home de superar o temor innato á morte. Este motivo acha, para tomar corpo e alma, varias envolturas -xemelgo, boneco, irmán ou demo- que materializan a face contraria ou complementaria, desexada ou rexeitada, do individuo. A imago paterna, que na obra rivasiana ten un desenvolvemento moi particular, dá a luz outros alter ego, sínteses plurais da imaxe narrativa, é aínda o reflexo dun. Eu esnaquizado e esceindido, á busca dunha identidade única orixinal que non deu sentado nun modelo paterno adoito inestable.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados