Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Análise e evolución da aplicación en Galicia do programa de axudas á forestación de terras agrarias

  • Autores: Ana Isabel García Arias, Mar Pérez Fra
  • Localización: Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, ISSN-e 2255-5951, ISSN 1132-2799, Vol. 10, Nº. 1, 2001, págs. 151-176
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • As medidas de forestación de terras agrarias teñen experimentado un interesante desenvolvemento dende que foran postas en marcha en toda a Unión pola reforma da PAC en 1992. O Estado Español ten sido un dos membros da UE no que estas medidas foron máis usadas, en especial se o comparamos co resto das medidas de acompañamento postas en marcha na mesma data. En Galicia tamén teñen tido unha grande repercusión, e foron de especial relevancia para o sector forestal como así o manifestan as actuais declaracións de empresas forestais en favor dunha maior dotación de fondos. Sen embargo, estas medidas foron pensadas para apoiar a política europea de axudas ás rendas agrarias que debía substituír á PAC clásica baseada no sostemento dos prezos. O presente traballo avalía a aplicación destas medidas en Galicia no período 1993-1999 analizando a evolución das distintas convocatorias de axudas e os datos de dita aplicación e forma parte da investigación encargada para o proxecto FAIR "Propiedade e Aproveitamento Comunal e as Súas Implicacións para o Desenvolvemento Rural en Áreas Periféricas" (FAIR6-PL98-4111).


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno