Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Descrición da interconsulta con reumatoloxía. Diferenzas observadas segundo o modo de derivación.

  • Autores: Ramón Veras Castro, Ángel Núñez Vázquez, Olalla García Jares, J. Ramón Reboiras Baliña, Ignacio Herrero de Padura, Rosa Rodríguez Álvarez
  • Localización: Cadernos de atención primaria, ISSN-e 1134-3583, Vol. 14, Nº. 2, 2007, págs. 94-98
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • Obxectivo: Observar se existen diferenzas entre o proceso de derivación clásico ao servizo de Reumatoloxía (mediante folla de interconsulta) e a derivación a un consultor hospitalario (reumatólogo) que acode ao centro de saúde.

      Deseño: Observacional transversal.

      Participantes: Os pacientes dos CS de Adormideras e San Xosé de A Coruña atendidos no 2006 en reumatoloxía (113 e 201 respectivamente). Desta poboación foron seleccionados 75 casos de cada grupo.

      Resultados: A mediana de tempo de espera é significativamente superior (p<0,0001) coa derivación clásica, 68 días, frente aos 7 días de espera do centro que recibe ao reumatólogo consultor. O motivo de consulta máis frecuente foi a petición de densitometría (44,4%). O 39,70% das interconsultas realizadas ao reumatólogo consultor foron resoltas no mesmo día, no centro, sen necesidade de que se desprazase o paciente ao centro de especialidades. Se o médico de familia tivese acceso á petición de densitometría e electromiografía evitaríanse como mínimo un 39,5% das primeiras consultas de reumatoloxía destes centros.

      Conclusións: O motivo de consulta máis frecuente foi a petición de densitometría. O tempo de espera con este sistema de consultoría redúcese moito. Simplifícase moito a citación xa que se evita a diferenciación entre ordinaria e preferente. Con acceso a probas como densitometría ou electromiografía se evitarían moitas primeiras consultas de reumatoloxía.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno