Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Valor da quimioprofilaxe antituberculosa na protección da poboación dunha institución pechada

B. Sánchez Bugallo, Bernardino Pardo Teijeiro, C. Castiñeira Pérez, J. Díaz Otero

  • OBXECTIVO. Verificar si é maior a protección conferida pola quimioprofilaxe antituberculosa (QP) recomendada pola Comisión española de expertos en tuberculose (1990) fronte os criterios previamente establecidos.

    DISEÑO DO ESTUDO. Análise descritiva do comportamento da infección tuberculosa na súa transmisión nun colectivo pechado (alto risco).

    PACIENTES E MÉTODO. No estudio van incluida-las 95 persoas que abrangue o colectivo de minusválidos psíquicos e os seus coidadores do Centro de San Vicente de Paul de Lugo, expostas todas elas a un caso índice tuberculosos, un interno da institución. Realizoúselles PPD a todos eles e instauroúselles QP a tódolos PPD+ que non mostraban evidencia de enfermidade tuberculosa e eran mais novos de 40 anos. Diante de outro brote de tuberculose con dous casos aparecidos cinco meses mais tarde, un deles bacilífero, modificáronse as pautas preventivas para tentar conquerir unha maior protección da poboación exposta, realizando QP a toda a poboación tanto os PPD+ coma os PPD (-) sen límite na idade dos pacientes.

    Un grupo deste colectivo quedou desprotexido ó non recibi-la QP por diferentes motivos, establecéndose comparación entre as viraxes do PPD de ámbolos dous grupos antes e despois da QP e entre ámbolos dous grupos e o total da pobación antes de protexela coa QP.

    RESULTADOS. Compárase a proporción de PPD+ na poboación total (42,11%) fronte á do grupo protexido (7,50%) e á do grupo que non recibeu protección (30%).

    CONCLUSIÓN. A análise dos datos permite confirma-la protección conferida pola QPantituberculosa a unha poboación susceptible de ser infectada ou de enfermar ó ser exposta a un caso índice tuberculoso.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus