Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Utilidade da crioterapia en atención primaria

  • Autores: J. J. Casas Rodríguez, Jesús María García Silva, Arturo Louro González
  • Localización: Cadernos de atención primaria, ISSN-e 1134-3583, Vol. 3, Nº. 3, 1996, págs. 135-137
  • Idioma: español
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • A crioterapia é o emprego do efeito do frío para o tratamento de diversas lesións, tendo unha grande utilidade no campo da dermatoloxía. Existen diversas técnicas de entre as cais destacan polas súas vantaxes en atención primaria o óxido nitroso gas, o nitróxeno líquido aplicado con torunda de algodón, e a mistura de éter dimetílico e propano mediante aplicador específico. As indicacións no nivel primario asistencial abranguen lesións benignas, en especial determinadas infeccións víricas, sendo nas indicacións propostas unha técnica sinxela, efectiva e con mínimos efeitos indesexabeis.

      A crioterapia é a conxelación de tecidos biolóxicos con fins terapéuticos, empregada en medicina para o tratamento quer de lesións quer de malignas.

      A utilización crecente desta técnica en múltiples lesións dermatolóxicas xustifica a avaliación das súas posibilidades no ámbito da nosa atención primaria.

      A criocirurxía ten sido empregada no tratamento de múltiples lesións, desde verrugas, molluscum contagiosum, querastoses solares e seborreicas, léntigos e efélides, etc, até neoplasias dermatolóxicas do tipo de carcinomas espiñocelulares ou basaliomas.

      Existen numerosas experiencias que avalan os seus resultados na utilización selectiva de lesións benignas. As principais vantaxes que aporta neste meio son a súa alta efectividade (dentro das indicacións que proporemos), a baixa porcentaxe de efeitos secundarios, o excelente resultado estético, o custo aceitábel e a relativa simplicidade das técnicas que expomos a continuación.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno