FUNDAMENTOS. O obxectivo do presente estudio foi avaliar o impacto da entrevista individualizada e o feedback informativo sobre certos hábitos prescriptores dos médicos entrevistados.
MÉTODO. Este estudio de intervención controlado realizouse na Area de Atención Primaria de Santiago e os participantes foron 40 médicos xerais, distribuídos nun grupo de intervención (n=20) e noutro de control (n=20). Os facultativos do grupo de intervención foron seleccionados por acadar valores do seu gasto axustado por cartilla superiores ó percentil 85 (103.4 pesetas/día por cartilla). A este grupo realizóuselle unha entrevista individualizada, mentres que non se interveu no grupo de control.
RESULTADOS. A media da diferencia post-preintervención do gasto axustado subeu un 2,6% no grupo de intervención e un 11,9% no grupo de control (p<0,001). No referente ás medias das diferencias post-preintervención do consumo e gasto de fármacos de utilidade terapeútica baixa, baixaron un 9,5 e un 5,6% no grupo de intervención e subiron un 3,2 e un 9,8% no grupo de control, sendo ambas tamén estatisticamente significativas. Analizando as diferencias por meses na prescripción deste tipo de fármacos, compróbase que no grupo de intervención todas estas diferencias son negativas con respecto ós meses do ano anterior, correspondendo as maiores caídas ós meses de xuño e de novembro-decembro.
CONCLUSIÓNS. Evidénciase unha contención do crecemento do gasto farmacéutico e unha disminución na prescripción e no gasto de fármacos UTB1 nos médicos do grupo de intervención respecto ós do grupo control.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados