A administración de osíxeno domiciliario é unha medida terapeútica que demostrou un aumento da supervivencia e unha mellora na calidade de vida nos enfermos con limitación crónica ó fluxo aéreo.
Dado que é unha medida economicamente custosa, e múltiples estudios demostran que nunha porcentaxe importante destes usuarios non está ben prescrita e, ademais, outros tantos non a utilizan adecuadamente, cómpre que o médico de familia teña un coñecemento preciso das súas indicacións, así como do bo control, seguimento e educación sanitaria dos doentes que están sometidos a este tratamento.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados