Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Estudio comparativo da conducta diante dunha farinxite aguda usando os criterios clínicos habituais frente o uso dun test rápido estreptocócico e a comprobación dun algoritmo diagnóstico

  • Autores: Xoán Antón Ricoy Lago, M. Carames, E. G. Vidal, M. L. Cid, R. Marini, N. Martínez, S. Rodríguez, A. do Campo, E. Otero, Dolores Valiño López
  • Localización: Cadernos de atención primaria, ISSN-e 1134-3583, Vol. 8, Nº. 1, 2001, págs. 6-12
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • Introducción. A farinxite é un dos problemas máis comúns en medicina xeral e pediatría. Sen embargo as estratexias para o seu manexo non están demasiado claras. O uso axeitado da clínica e o laboratorio é necesario para previr o abuso de antibióticos.

      Obxectivos. Comparar a conducta clínica habitual fronte as infeccións de gorxa, co uso dun test de diagnóstico rápido fronte o estreptococo do grupo A. Analizar a aplicación dun algoritmo clínico-terapéutico de referencia na nosa mostra.

      Método. Nunha mostra prospectiva de 124 pacientes de idades comprendidas entre os 3.10 e os 78 anos de idade rexistramos os signos e síntomas clínicos e realizamos unha dobre toma de exudado farínxeo dun test de aglutinación en látex fronte o estreptococo e un cultivo farínxeo.

      Resultados. Aplicando a conducta clínica habitual houbérase tratado a un 48.3% dos pacientes que presentaban un cultivo negativo fronte a un 1.5% se se utilizara o test (p<0.05). O algoritmo de referencia, é inadecuado para nosa mostra pola diferencia estadística entre os grupos. O test estreptocócico demostrou unha sensibilidade do 80% e unha especificidade do 99%. Obtivemos unha frecuencia de infección estreptocócica do 36.3%.

      Conclusión. Para o manexo da farinxite aguda é preciso unha combinación adecuada da clínica combinada co uso dun test estreptocócico, e nos casos necesarios a realización dun cultivo farínxeo.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno