Obxectivo: cuantificar as demandas aditivas ("xa que", "de paso") e a súa relación con diversas variables de interese.
Pacientes e métodos. No estudio foron incluídos todos aqueles pacientes con cita atendidas nas consultas de 11 titores de medicina de familia en catro centros de saúde urbanos durante cinco días do mes de abril de 2003 (n=1510). O tipo de estudio é descritivo transveral. Recolléronse as seguintes variables: cupo, xénero, idade, motivo de consulta, profesional (titor/residente), hora de entrada na consulta, acompañante, número de demandas aditivas (DA) e hora de saída da consulta. Para a análise dos resultados empregouse a media coa súa desviación estándar (DE), a proba de chicadrado, a proba t para datos independentes, a regresión loxística e a análise da varianza. Empregáronse tamén os intervalos de confianza do 95%.
Resultados. O 61.7% dos pacientes eran mulleres, sendo a idade media global de 52.2 (DE=19,7) anos. Un 20.3% do pacientes realizaron DA. Mediante a regresión loxística comprobouse que as DA son más frecuentes nas consultas por enfermidade, nas consultas dos residentes e no feito de acudir acompañado. O tempo medio de consulta variou significativamente segundo non se realizaron DA (5, 6-6, 2 minutos), a realizar unha (6,8-7,9 minutos) e a realizar dúas ou máis (8,2 a 10,5 minutos).
Conclusións. Nas DA inflúen o motivo de consulta, o profesional consultor e acudir acompañado. Á súa vez, as DA producen un aumento do tempo de consulta
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados