Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Prevalencia de síndrome metabólico nun centro de atención primaria

  • Autores: A. Arceo Túñez, X. Segade Buceta
  • Localización: Cadernos de atención primaria, ISSN-e 1134-3583, Vol. 13, Nº. 1, 2006, págs. 2-5
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • Obxectivos. Estimar a prevalencia de síndrome metabólico (SM) e de cada un dos seus compoñentes. Explorar a relación de SM con diversas variables de interese.

      Material e Métodos. Trátase dun estudo descritivo transversal con traballo de campo realizado durante marzo 2005. Foi realizado nun centro de saúde urbano. A poboación obxecto de estudo foron os usuarios pertencentes ao cupo de dous médicos de familia do centro. O tamaño final da mostra foi de 1082 persoas. Os criterios utilizados para o diagnóstico de SM foron os do ATP-III (3 ou máis dos seguintes): obesidade abdominal, hipertrigliceridemia, HDL baixo, cifra tensional elevada e hiperglucemia. Para a análise univariante dos resultados empregáronse índices estatísticos descritivos e para o bivariante a proba de chi-cadrado.

      Resultados. Eran mulleres un 55,1%, sendo a mediana da idade de 47,3 anos (desviación cuartil de 18,2). A prevalencia de SM foi dun 32,3% (IC do 95% de 29,5 a 35,2%). O criterio de SM máis frecuente foi a presión arterial elevada (56%), seguido pola obesidade abdominal (50,6%) e pola hipertrigliceridemia (25,3%). Non había diferenzas estatisticamente significativas na prevalencia de SM entre homes e mulleres (p=0,575), pero sí entre os diferentes grupos de idade (p<0,001), sendo máis frecuente o SM conforme aumenta a idade. O único criterio que ten unha distribución diferente por sexo é a hipertrigliceridemia, sendo máis frecuente en homes (33,3 vs 18,8%).

      Conclusión. A prevalencia de SM na poboación estudiada é alta. Cómpre un diagnóstico precoz destes pacientes de cara a un maior fomento das medidas de prevención e tratamento.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno