Neste artigo pretendemos explicar as relacións entre lingua e identidade para salientar a importancia da segunda no estudo da primeira nos contextos multilingües e multiculturais coma no caso de Galicia ou, en xeral, nas Comunidades Autónomas con lingua propia dentro do Estado español. Así mesmo, queremos expor algúns traballos e metodoloxías ofrecidas dende o ámbito da psicoloxía social para explicar a relación entre a identidade e os grupos lingüísticos. Coidamos interesante tirar destes fíos para posibles traballos nos que se traten ambos aspectos como un bo xeito de axudar a comprender as tendencias, actitudes e condutas na nosa sociedade.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados