Este artigo analiza o patrón de acentuación dos verbos en diferentes dialectos do galego desde o punto de vista da Teoría da Optimidade (Prince & Smolensky 1993). Aplícanse as premisas básicas deste cadro teórico no dominio da fonoloxía dos verbos de dous dialectos do galego: o de Val do Dubra /Carballo por un lado, e o de Santa Comba polo outro. Arguméntase que as estruturas prosódicas verbais son predicibles a partir da súa composición morfolóxica. É importante destacar que dende o punto de vista da adquisición da linguaxe, este sistema só require que o neonato atope evidencia positiva de cal é o principio dominante
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados