Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de As competencias da empresa como factor básico na rendabilidade económica

Pablo Cabanelas Lorenzo, Javier Lorenzo Paniagua

  • Unha das principais vías de investigación no campo da dirección estratéxica é explicar por que as empresas son diferentes entre si e cales son as bases das vantaxes competitivas. En particular, co presente artigo pretendemos desenvolver unha nova contribución sobre este debate. Para iso, realizamos unha revisión teórica sobre os principais enfoques que tratan de explicar as fontes de competitividade; a partir desta, propoñemos unha serie de hipóteses que pretenden achegar indicios sobre a validez de cada unha das aproximacións identificadas. Con este obxecto, recorremos á descomposición da varianza da rendibilidade económica co fin de determinar cales dos enfoques posúen un maior valor, sobre unha mostra de empresas representativa da economía española.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus