Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Determinantes socioeconómicos da lingua: o caso do galego

  • Autores: Carlos Manuel Gradín Lago
  • Localización: Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, ISSN-e 2255-5951, ISSN 1132-2799, Vol. 16, Nº. 1, 2007 (Ejemplar dedicado a: Solo e recursos naturais), págs. 155-172
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • En Galicia conviven actualmente dúas linguas diferentes co rango de idioma oficial: o castelán, oficial en toda España, e o galego, que adquire o rango de lingua propia da Comunidade Autónoma tras a aprobación do Estatuto de autonomía no ano 1981. Como consecuencia da relativamente recente xeneralización do castelán e da proximidade entrambas as dúas linguas, as estatísticas amosan que o galego mantén unha elevada presenza no conxunto da poboación: case a totalidade da poboación manifesta entender o galego falado e máis dun 60% di falalo de forma habitual en maior medida ca o castelán. Pero cómpre salientar que o galego ten hoxe unha menor presenza nos estratos de poboación urbana, máis nova, educada e de nivel socioeconómico máis elevado, e que a súa utilización é maior no ámbito familiar e máis reducida nas relacións económicas. Neste traballo analízase, en función da «Enquisa de condicións de vida das familias» elaborada polo Instituto Galego de Estatística, o actual perfil socioeconómico dos galegofalantes en función das súas características xeográficas, demográficas e laborais, e como estes factores inflúen na dinámica do cambio lingüístico que vén experimentando a poboación galega.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno