Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Tamaño, incentivos fiscais e custo de capital de I+D privado das empresas manufactureiras españolas

  • Autores: María Angeles Marra Domínguez
  • Localización: Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, ISSN-e 2255-5951, ISSN 1132-2799, Vol. 16, Nº. 1, 2007 (Ejemplar dedicado a: Solo e recursos naturais), págs. 131-154
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Este traballo analiza empiricamente o efecto dos incentivos fiscais para reducir o custo de capital de I+D privado das empresas manufactureiras españolas clasificadas segundo o seu tamaño medido polo persoal total ocupado durante o período 1991-1999. Os resultados confirman que os incentivos fiscais foron un instrumento eficaz para reducir o custo de capital de I+D privado, aínda que se evidencia que as empresas máis pequenas se benefician dun menor aforro fiscal na base e na cota, que soportan un maior custo da súa débeda e, en consecuencia, que lle fan fronte a un maior custo de capital de I+D. Tamén se obtén evidencia de que a elasticidade do prezo efectivo do capital de I+D privado con respecto aos cambios nos incentivos fiscais alcanza un valor medio superior á unidade, polo que pode concluírse que estes mecanismos teñen un impacto significativo para reducir o custo do capital de I+D, sendo este maior para as grandes empresas que para as empresas de menor dimensión.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno