Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Relacións de poder no sistema de valor: aplicación empírica na cadea de madeira de Galicia e do País Vasco

Ana Isabel Gueimonde Canto, María Isabel Diéguez Castrillón, Ana Isabel Sinde Cantorna

  • Este traballo examina as relacións de poder interempresarial que se manifestan nun subsistema de empresas configurado como sistema de valor. O obxectivo da investigación é duplo: caracterizar as estruturas de poder asimétrico que se desenvolven neste marco e investigar a influencia do poder interempresarial sobre o rendemento organizativo. A evidencia empírica obtívose do sector da serra da madeira de Galicia e do País Vasco. Sobre estes datos, o estudo presenta resultados que sustentan que o concepto de poder ten múltiples dimensións e indican que as relacións de poder inherentes á cadea interempresarial condicionan significativamente a xestión das empresas


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus