Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Os efectos do cambio climático en Galiza

  • Autores: Francisco Díaz-Fierros Viqueira
  • Localización: Adega cadernos, ISSN 1137-0262, Nº. 16, 2006, págs. 17-24
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Cando se fala das predicións sobre os efectos do cambio climático débese ter moi en conta que se está a falar dun proceso que atinxe á dinámica meteorolóxica que, segundo sinala o último informe do Intergovernmental Panel on Climate Change (IPCC) (2001), corresponde �a un sistema acoplado, non lineal e caótico e que, polo mesmo a predición a longo prazo do futuro do clima non sería posíbel�.Hoxe está moi admitido que na percepción dos riscos pola poboación existen fondas diferenzas entre a medida estatística das probabilidades dun risco e a súa valoración e aceptación popular.Outro problema das predicións climáticas de cara á súa percepción e aceptación pola sociedade é o carácter fortemente variábel da evolución do clima, de tal xeito que dentro dunha mesma tendencia (p.e. dun incremento secular da temperatura) poden existir importantes períodos que semellan contradicila.As variacións máis significativas e importantes suceden no verán: as temperaturas incrementaranse entre 2.4 e 5.2ºC e as precipitacións diminuirán entre 19e 87 mm. A diminución prevista dos recursos hídricos dun 30-35% faríase sentir nos abastecemento de auga e na produción dos prados.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno