Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A entoación dunha fala de santiago: fronteira prosódica entre suxeito e predicado

  • Autores: Elisa Fernández Rei, Ana Escourido Pernas, Maruxa Caamaño Varela, Luís Xuncal Pereira
  • Localización: Estudios de fonética experimental, ISSN 1575-5533, ISSN-e 2385-3573, Nº. 14, 2005, págs. 143-165
  • Idioma: español
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      O noso obxectivo neste traballo é completarmos a descrición da prosodia dunha fala de Santiago de Compostela que xa comezamos en Fernández Rei et alii (2005), seguindo a metodoloxía que nos proporciona o proxecto AMPER (Atlas Multimédia Prosodique de l¿Espace Roman). Naquela ocasión só nos detivemos no estudo de oracións con estrutura Suxeito+Predicado+Complemento, mais agora imos atender tamén a estruturas algo máis complexas, do tipo Suxeito (Núcleo+Modificador)+Predicado+Complemento. Isto vainos permitir, por un lado, ratificar as hipóteses anteriormente expostas sobre a oposición entre a entoación de enunciativas e interrogativas e a relación entre a posición do acento e a entoación, e, por outro lado, vainos fornecer a oportunidade de discutirmos novos aspectos, tales como as marcas tonais que indican o límite entre dous grupos de entoación menores ou o aliñamento dos picos tonais.

    • English

      Our aim in this paper is to complete the prosodic description of one type of speech from Santiago de Compostela, which we started in Fernández Rei et al. (2005), following the methodology proposed by the AMPER project (Atlas Multimédia Prosodiques de l`Espace Roman). By that time we focused only in the study of sentences with an SVO struture, but in this occasion, we will focus on more complex structures, that is, expanded S (nucleus+modifier). On the one hand, this will allow us to confirm our previously exposed hypotheses on the opposition between declarative and interrogative intonation and the relationship between stress position and intonation. On the other hand, this will bring the possibility to discuss new aspects, such as tonal marks that indicate the boundary between two minor intonational groups or peak alignment.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno