Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Reminiscencias pictóricas do Quattrocento e do Cinquecento no universo literario de Álvaro Cunqueiro

  • Autores: Dorinda Rivera Pedredo
  • Localización: Anuario de estudos literarios galegos, ISSN 1133-4533, Nº. 2005, 2005, págs. 120-141
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • Neste artigo analizamos como se integran dentro dos paraísos utópicos de Álvaro Cunqueiro as contendas "arrepiantes" que Paolo Uccello reproduce na Battaglia di San Romano, os lirios e as paisaxes paradisíacas dos lenzos de Leonardo da Vinci, Botticelli e Fra Angelico, e a fascinante lunimosidade das gamas cromáticas que anegan as mariñas dos cadros de Piero della Francesca. Remitímonos, ademais, ás pinceladas purpúreas de Veronese e Tintoretto, que o fabulador de Mondoñedo insire no seu universo literario para convidarnos a mesturar o apetitoso "autunno veneziano" co sangue que corre polas nosas veas, e así poder embriagarnos cunha imaxinación alegre e libre que nos permita acceder a esa existencia ilusoria que necesariamente debe agromar sobre o automatismo cotián. Destas páxinas tamén emerxe a poética "intellettuale" e os enigmáticos sorrisos da obra de Leonardo, o sorrir imperecedoiro das criaturas de Antolonello da Messina e mais a fragancia musical que emana da produción de Giorgione e de Carpaccio, asuntos recorrentes na obra do creador galego.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno