Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Bruxas e fadas, princesas e labregas. Figuras de muller nos contos galegos

María Camino Noia Campos

  • Partindo da clasificación dos diferentes tipos de contos orais feita polos investigadores da escola de Helsinqui e das características xerais dos contos marabillosos e realistas, faise un estudo da muller nos contos marabillosos e realistas, faise un estudo da muller nos contos universais. Analízase a súa estreita vinculación cos ámbitos da natureza, procedente da biloxía feminina. O don de poder comunicarse cos animais e coas plantas outórgalle á muller o control da maxia; e interprétase o simbolismo do protagonismo da muller en certos episodios e a súa ausencia noutros. A conclusión é que, maila os seus poderes sobrenaturais e a súa presenza constante nos contos marabillosos, o home, príncipe ou labrego, é na maioría dos casos o heroe da acción, mentres que a muller, no papel de protagonista ou de axudante, é unha personaxe pasiva. Mais ao contrario dos contos marabillosos, nos realistas, máis achegados ao mundo das vellas comunidades rurais, a muller é quen toma a iniciativa da acción en episodios divertidos sobre a vida comunitaria e matrimonial. O núcleo do traballo é a análise da muller nos contos galegos, e mostra que aquí a muller ten unha maior participación na acción. Nos contos galegos non hai a misoxinia que se encontra noutras áreas lingüísticas, explicabe sabendo que os contos metaforizan as formas de relación existentes na vella sociedade rural, e na galega as mulleres foron un elemento fundamental na economía da subsistencia, coidando da casa e da familia.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus