Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Aproximación á representación do xénero na poesía galega de muller: Emma Pedreira, Yolanda Castaño e Lupe Gómez

María Comesaña Besteiros

  • Desde a década de 1980 e, sobre todo, de 1990, deuse na poesía galega un fenómeno consistente na proliferación de autoras de diversa procedencia, idade, formación ou estilo, que tiñan en común unha preocupación polo papel que, como mulleres, debían representar na sociedade. Estas autoras exprésanse e reivindican un eu feminino, un suxeito que actúa, desexa, pensa e sente desde un corpo que, espido de obxectualización, pasa a ocupar o lugar central do discurso. Case vinte anos despois, é posible descifrar a mensaxe que estas autoras quixeron facernos chegar e que pasa, sen dúbida, polo desbotamento e a (re)construción dos mitos arredor da figura feminina.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus