En Contra Maquieiro a memoria revísase desde dous ámbitos, o histórico e facticio e mais o literario e sistémico, o que, desde o punto de vista da dinamización e do asentamento do subsistema poético, incide nas súas escollas enunciativas, negadoras do tópico que reduce a poesía ao lirismo introspectivo e autotélico, e mias afecta ao tratamento paródico e/ou lexitimador dos xéneros canónicos, preferentemente caducos. Máis ca os contidos aducidos ou as perspectivas empregadas, é a subversión deses dous factores, voz e xénero elixido, os que fan do volume un exemplo de produtividade política e simbólica que, sen dúbida, resume algunhas das vías máis transitadas pola poesía civil galega dos últimos tempos.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados