Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de O cómic xornalismo e a representación secuencial do conflito bélico: Palestina e Gorazde de Joe Sacco

Marta Pérez Pereiro

  • O xornalismo acaba por mesturarse con outras modalidades coas que comparte características e intencionalidade e devén en xéneros híbridos sobre os que recae decote o xuízo da leximitidade. Tal é o caso da fusión do xornalismo como narrativa e do cómic como soporte, como vehículo para o relato de non-ficción ilustrado. Xorde, deste xeito, o que imos considerar un subxénero do xornalismo gráfico, o cómic xornalismo, que, polo demais, entronca directamente cos xéneros interpretativos da escrita e cos literarios de non ficción, e que se configura como un instrumento privilexiado para a exposición dos feitos, para amosar o resultado do ir, ver e contar do xornalismo de rúa, de correspondente e de conflito, ao tempo que supón unha maneira de achegar novos lectores á prensa, polo tipo de orientación infantil-xuvenil que se lle ten dado ao cómic -deixándoo deste xeito convertido nunha linguaxe "menor", non válida para a difusión de ideas. O cómic xornalismo permite a creación dun espazo novo gañado aos medios tradicionais que son, máis ca nunca, sospeitosos de negar o debate sobre a obxectividade dos seus contidos. Este espazo, sustentado no relato secuencial, supón a apertura dun novo paradigma dos usos da imaxe asociados á información. Abordamos a existencia do cómic xornalismo como unha póla do xornalismo gráfico dende a análise dun dos seus representantes, Joe Sacco, e a súa obra gráfica como correspondente de guerra en Palestina e Bosnia, na que ten desenvolvido unha interpretación propia da reportaxe xornalística.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus