Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A realidade da alfabetización dixital da empresa galega: a utilización dos sitios web como indicadores de calidade

  • Autores: María Dolores Calvo Ferreiro, María Luisa Otero López
  • Localización: Comunicación local : da pesquisa á producción: actas do Congreso Internacional Lusocom 2006, Santiago de Compostela, 21 e 22 de abril de 2006 / coord. por Margarita Ledo Andión, 2006, ISBN 84-9750-620-0, págs. 3627-3648
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • As empresas, neste século, non se limitan á acumulación de beneficios. Os seus obxectivos deséñanse a partir de estratexias de calidade que fomentan a innovación en métodos e procedementos de actuación e fórmulas que melloran os eixos comunicativos cós representantes sociais. A preocupación pola forma na que se percibe o entramado empresarial desemboca no establecemento de mecanismos de transparencia que xestionan e difunden os gabinetes de comunicación. A incorporación das tecnoloxías e o seu uso para favorecer a interlocución dixital é un deses indicadores que inciden na realidade produtiva das empresas. A necesidade dunha fluída comunicación bidireccional configura a análise da presenza da empresa galega na rede coa finalidade de identificar e discriminar os rasgos da participación corporativa en Internet. O equipamento tecnolóxico xa forma parte do contorno económico galego, así como a presenza na rede de redes, a través de sitios onde ofertan produtos e bens. Sen embargo, aínda queda un desenvolvemento máis extensivo das potencialidades que presenta Internet e unha necesidade de modificar as características do escaparate web para un uso eficaz, satisfactorio e rápido deses espazos dixitais, de tal xeito que se acomoden aos parámetros da facilidade de uso, da arquitectura da información e da calidade comunicacional.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno