Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Xestión das vías de participación no ciberxornalismo

Xosé López García

  • Distintas ferramentas aparecidas nos últimos anos multiplicaron as vías de participación dos usuarios da información, especialmente nas fases previas a construción das mensaxes informativas. O feito constitúe un importante paso adiante nas vías de acceso e intervención dos cidadáns. Pero, ao mesmo tempo, se non hai unha correcta utilización desas ferramentas, increméntanse os riscos para a práctica dun xornalismo de calidade. A divulgación de numerosos "falsos" nos medios de comunicación durante os últimos anos aconsella intensificar os controis para garantir a veracidade das informacións. Estamos, pois, diante dun fenómeno, o da participación cidadán nos medios, que hai que asegurar, pero que debe contar cunhas vías moi definidas e cuns mecanismos de garantías tanto para os medios tradicionais como para os cibermedios


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus