Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


As mulleres como fontes informativas en la Voz de Galicia (1975-2005)

  • Autores: Ana Belén Puñal Rama
  • Localización: Comunicación local : da pesquisa á producción: actas do Congreso Internacional Lusocom 2006, Santiago de Compostela, 21 e 22 de abril de 2006 / coord. por Margarita Ledo Andión, 2006, ISBN 84-9750-620-0, págs. 1087-1109
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • O estudo das fontes informativas permítenos descubrir e analizar que persoas, institucións e axentes sociais están lexitimados polos medios para facer uso do poder das palabras e cales están excluídos. A análise das fontes dende a perspectiva de xénero apenas foi abordada, nin dende o ámbito da análise dos medios de comunicación no ámbito estatal nin desde a investigación da producción informativa local. No estudo que dá orixe á ponencia que propomos, centrámonos en La Voz de Galicia, por ser o xornal galego de información xeral de maior difusión. A metodoloxía empregada é a análise de contido, abordada desde unha perspectiva diacrónica. O período analizado vai dende o 1975 até o 2005. Para o estudo desta longa etapa partiuse da elaboración dunha mostra, conformada por un total de 40 exemplares de La Voz de Galicia, correspondentes aos anos 1975, 1981, 1987, 1993, 1999 e 2005. As conclusións desta investigación inciden no papel marxinal das mulleres como fontes de información. Aínda que as mulleres conquistaron diversos ámbitos do espazo público nos últimos anos, seguen a estar ausentes dos postos de poder. Isto é unha das razóns que explica a súa escasa presenza no discurso informativo, onde son representadas as relacións de poder na sociedade.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno