Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Nuevos estilos y soportes de la comunicación publicitaria en la era digital

Cristina González Oñate

  • As similitudes históricas entre Galicia e Portugal derivaron a día de hoxe na repetición de múltiples lugares comúns. Ademais dos tópicos relativos ás conxuncións ideolóxicas e sociais, tense falado dun espazo único de representación entre as dúas comunidades, ambas na procura de modelos de referencia. O audiovisual non é alleo a esa circunstancia e, malia as proximidades culturais, xeográficas e produtivas, aprézanse ligazóns febles e pouco profesionalizadas. AVG, o soportal do audiovisual galego, constata desde o seu nacemento múltiples tendencias. Por unha banda, que os tímidos proxectos iniciados con Portugal responden á proliferación de políticas financiadas con cargo a fondos Media que potencien ese vencello. Un vínculo que dá lugar a pequenas seccións en múltiples festivais de curto ou medio alcance, con seccións específicas e minoritarias. Mentres, pola outra banda, o renacer do sector galego, declarado estratéxico por lei, non acaba de atopar un cómodo camiño na lusofonía. "De profundis", "Inés de Portugal" ou "O soño dunha noite de San Xoán" son "rara avis" dentro da alianza de coproducións galegas establecidas con Portugal. As diferenzas entre ambos sistemas audiovisuais, así como políticas empresariais e políticas fan pensar que o manido audiovisual do "eixe atlántico" se debilita.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus