O estudo dos medios de comunicación en situacións de cambio constitúe un escenario inmellorábel para a investigación en comunicación política. Procesos como a Transición Política Española (1975-1982), no que os medios exerceron de parlamento de papel, permiten observar situacións nas que os xornalistas, desconectados das rutinas, ou cunhas rutinas aínda en proceso de construción, asumen un papel mobilizador da sociedade e de intérpretes ou construtores da realidade. Este tipo de investigación debe ser afrontado dende as perspectivas téoricas do interaccionismo simbólico, o construtivismo, a pragmática e a fenomenoloxía, así como outras achegas que salientan o poder dos medios de comunicación como mediadores sociais, na construción de significados e na constitución da opinión pública, aproveitando conceptos como os da hexemonía e a tematización. Á hora de analizar o contido dos medios, cómpre ter en conta, á par das tradicionais técnicas de análise de contidos, o estudo dos procesos de enmarcamento interpretativo como método de análise, así como as achegas das teorías sobre priming e as investigacións sobre o segundo nivel de estabelecemento das axendas.
Researches on mass-media in situations of change represent a excellent scene for political communication studies. Processes such as the Spanish Political Transition to democracy (1975-1982), where media played a part of "paper parlament", allow us to study situations in which journalists, detached from routines, or with still under construction routines, took up a rôle of mobilizators of society, and of interpreters or crafters of reality. This type of research must be faced up to from the theoretical perspectives of symbolic interactionism, constructivism, pragmatic, and phenomenology, besides another contributions that emphasize the power of media as social medium, and its part on the building up of meaning and on the setting of public opinion, getting the most out of the concepts of hegemony and thematization. 170 In order to analyze the content of media, we must consider, besides the traditional content analysis techniques, the studies on framing processes as analysis method, and the contibutions from priming theories and second level Agenda-Setting researches.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados