Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Galiza, o país dos cen mil ríos

Antonio Presas García

  • O número de ríos que atopamos nun mapa depende basicamente da súa escala. Nos mapas con escala pequena, denominador moi grande, tan só están representados os ríos máis importantes, mentres que nos mapas topográficos a gran escala, denominador pequeno, o número de ríos aumenta significativamente, dependendo o seu trazado da habilidade do cartógrafo. Porén, cando se analizan mapas topográficos a escalas suficientemente detalladas, non sempre existe unha relación directa entre o aumento do número de correntes fluviais e o incremento de escala. Na nosa xeografía son máis abundantes estes regueiros de chuvia, de carácter intermitente, que os de carácter permanente, que son os denominados propiamente ríos. Por todas estas circunstancias, é lóxico que na cartografía á hora de sinalar un río, un afluente, un subafluente ou un pequeno regato existan dúbidas; pero isto non xustifica as numerosas omisións de canles fluviais en moitos mapas.Supoñamos que un cartógrafo formado nun ambiente de clima mediterráneo teña que realizar un rexistro hidrográfico sobre un mapa topográfico dunha zona calquera de Galiza. O normal é que omita unha gran parte dos regatos de primeira e segunda orde, polo seu carácter de correntes fluviais de punta de rede, ao non ter unha vexetación riparia que os identifique.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus