As características naturais das augas superficiais varían dunha zona a outra e tamén de estación en estación, e en función das condicións climatolóxicas. Estas características naturais e o seu réxime de variación é un dos factores que determina o tipo de vida, a súa intensidade e diversidade nun determinado sistema fluvial. Da cabeceira á desembocadura pódense diferenciar diversas zonas segundo as características das augas: desde frías, oxixenadas e libres de materia orgánica, e de elevada velocidade na cabeceira até augas ricas en materia orgánica e con menor contido en oxíxeno nas zonas mansas onde predomina a sedimentación e pasando polas zonas intermedias.As especies que viven en cada tipo de auga son moi diferentes. A calidade dunha auga pódese determinar mediante diferentes parámetros tanto de tipo físico, como químico e biolóxico. Por outra banda a principal razón de contaminación das augas fluviais é o vertido de augas residuais de diferente procedencia: urbana, industrial.... Outras fontes poden ser o vertido de residuos sólidos ou a deposición desde atmosferas contaminadas. Neste traballo analizaremos con maior detalle a incidencia dos vertidos residuais sobre os ríos
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados