A figura histórica do Mariscal don Pedro de Cela dá pé a todo un ciclo heroico ou lendario transmitido a través de variadas linguaxes dentro da tradición galega.
Un dos traballos máis interesantes feitos nesta liña é o realizado por Antón Villar Ponte coa colaboración de Ramón Cabanillas. Destaca nel a complexa estratexia de mitificación deseñada polos autores. Achegarémonos a ela observando elementos sobranceiros da construcción do texto dramático, pero tamén repasando o ambiente cultural do momento, especialmente reflexionando sobre a importancia dada ó teatro interior das Irmandades da Fala.
Tratamos de dar unha visión de conxunto integrando as perspectivas histórica e teórica, non coa intención de esgotar o asunto, senón máis ben coa de sinalar un camiño pouco explorado.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados