Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Literatura galega de muller, unha visión sistémica

Helena González Fernández

  • O feminismo chegou a Galicia serodiamente e non puido artellarse realmente ata a morte do dictador, a finais de 1975, data que cadraba coa celebración do primeiro Ano Internacional da Muller. A partir deste momento comézanse a (re)construir dous espacios discursivos, o nacional e o feminista, que en non poucas ocasións entraron en conflicto. Ambos os dous se caracterizan por representaren a grupos non dominantes que precisan construír e lexitimar en primeiro lugar unha identidade diferenciada e adecuada a súa contemporaneidade, con todas as tensións que estes procesos de diferenciación e interferencias marcan fronte ós discursos homoxéneos. Neste artigo ofrecerase un primeiro achegamento á posición que ocupa a literatura de mulleres no sistema literario galego e os conflictos particulares que implica, como feito de ocupar unha posición central, xeradora de modelos, e non unha posición marxinal


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus