Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Luís G. Tosar: a palabra na procura da eternidade

Lucía Fraga Rodríguez

  • Este estudio intenta descubrir unha nova visión na lírica tosariana. A palabra poética convértese nunha chave que abre todas as portas do coñecemento poético, pero no que nós temos que acadar o centro da memoria e buscar o verdadeiro sentido do camiño.

    Luís G. Tosar inicia, así, unha particular viaxe arredor do seu universo, desde a voz da nenez ata a madurez dunha verba poeticamente conformada no seu vivir máis íntimo. Esta peregrinaxe polos espacios da memoria ten, sen dúbida, un obxectivo especial: amosar as diferentes caras que se van descubrindo en cada poema. Estas particularidades emerxen da erótica da paisaxe xeo-sexual e da simploxía do imaxinario acuático. O lector, como resultado, ten de camiñar canda o poeta e refacer un novo camiño de entendemento con todos aqueles elementos que compoñen a verdadeira imbricación dos tecidos poéticos e o seu discurso auténtico.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus