Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A función da tradución nun sistema literario marxinal

  • Autores: María Camino Noia Campos
  • Localización: Anuario de estudos literarios galegos, ISSN 1133-4533, Nº. 2002, 2002, págs. 105-119
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • Xoán González-Millán achegouse ao ámbito da traducción en Galicia como parte das súas investigacións sobre o comportamento do sistema literario galego como un sistema menor, ao analizar a función que nel exercían os textos doutras culturas. E foi fundamental coa publicación do seu artigo "Cara a unha teoría da tradución para sistemas literarios "marxinais". A situación galega", aparecido en 1995 en Viceversa. Revista Galega de Traducción, onde o profesor Millán desenvolveu as súas propostas sobre a tradución como parte dun polisistema literario. E partindo da consideración de que a literatura galega é parte dun sistema cultural subalterno, caracterizado por un repertorio literario que se ve limitado polas deficiencias discursivas e marcado pola dependencia con outro sistema superior, parécelle que, como noutras sociedades marxinais, os textos traducidos teñen moita incidencia. De ahí que se centre nos aspectos sociais da tradución, dándolle relevancia ao lugar xerárquico que os textos traducidos ocupan na práctica textual do nosos sistema cultural; e insista na necesidade de elaborar en Galicia unha teoría da tradución que se alicerce na experiencia social da desigualdade, implicándose nos procesos de institucionalización cultural. Para González-Millán prescindir da variada condición social dos sistemas culturais en conflito arrastraría serios erros de interpretación no que se refiere á compresión da función social da tradución.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno